O Porco Cebado

Asociación Cultural Gastronómica
Inicio
Contacte Connosco
Sobre Nos
Mapa do Sitio
Reuniós da Asociación
Noticias
Estatutos
I Concurso Tapicheo'07
I Curso de Cata de Vino
II Curso de Cata de Vino
III Curso de Cata de Vino
Gastronomia gallega
 cartel I concurso de tapas TAPICHEO'07
 

I Concurso de Tapas de Sarria
TAPICHEO ´07

BASES

1. PARTICIPANTES
Poderán participar tódolos establecementos de hostalaría do casco urbano de Sarria.

2. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
Cada establecemento poderá elaborar un máximo de catro tapas, podendo ser estas tradicionais e/ou innovadoras Permitirase a elaboración de dous tipos de tapa por cada unha das modalidades do concurso (dúas tradicional e/ou dúas creativas) se o desexa o establecemento, podendo así concursar nas dúas categorías.

3. PREMIOS
Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO DE TAPA CREATIVA
2º PREMIO DE TAPA CREATIVA
3º PREMIO DE TAPA CREATIVA

1º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL
2º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL
3º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL


MODO DE VOTACIÓN

Cada establecemento colocará unha furna nun lugar visible do seu local, podendo así o público votar polo establecemento cuxa tapas máis lle guste. Os oito, catro por cada categoría, establecementos máis votados polo público serán os finalistas, e poderán participar na final do concurso coa tapa que desexe das que tivo expostas.

Os consumidores das tapas poderán atopar en cada establecemento participante un plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá unha casilla por cada establecemento participante. Para poder optar á votación popular, os consumidores deberán ter o plano totalmente cumprimentado, con todos os selos correspondentes aos establecementos participantes no concurso. O plano da ruta do tapeo debidamente selado, depositarase nas furnas de calquera dos establecementos participantes cos datos do cliente e co seu voto de maneira clara. Entre os planos admitidos a concurso sortearanse:
-
-
-


Os premios de votación polo xurado decidiranse do seguinte xeito:

XURADO DE EXPERTOS
Un xurado designado pola organización do concurso degustará as tapas semifinalistas e emitirá o seu voto por cada unha. Resultando gañadora a que máis votos do xurado obteña, co segundo premio a seguinte, e obterá o terceiro premio a terceira en votación. Realizarase do mesmo xeito a elección dos gañadores nas dúas modalidades de concurso.
A selección de gañadores e final do concurso será o día 15 de Decembro. O xurado de expertos probará as tapas que os establecemento presenten e emitirán o seu veredicto, quedando así nomeados os gañadores do concurso ese mesmo día. Despois procederase ao sorteo dos premios entre os consumidores.

4. FASES DO CONCURSO

Data e lugar de inscrición: do 12 ó 23 de Novembro no Concello de Sarria. O prazo finaliza o día 23 de Novembro ás 14.00h.

Duración do Concurso: O concurso desarrollarase do seguinte xeito: Quedará inaugurado o día 1 de Decembro ás 19.00 h, podendo esa fin de semana (1 e 2 de Decembro) desfrutar das tapas e ir selando o plano. O concurso propiamente dito comezará o mércores día 5 e estará aberto ata o domingo día 9 de Decembro das 19.00h. ás 00.00h. Entregaráselle a cada establecemento un cartel de participación no que aparecerá o nome do establecemento e o nome da/s tapa/s coa/s que participa, unha furna e mapas do tapeo para que os clientes poidan emitir o seu voto, que estará colocado nun lugar visible. O prezo da tapa estará comprendido entre 0,20€ e 2€.

Recollida de furnas e reconto de votos: a data límite para a recollida das furnas serán as 12.00h. do día 10 de Decembro. Do reconto dos votos emitidos polos consumidores sairán os ¿oito? semifinalistas que participarán na final do concurso.

Selección de gañadores e final do concurso: A selección de gañadores e final do concurso terá lugar o día 16 de Decembro nas dependencias municipais do Antigo Cárcere. O xurado de expertos catará as tapas participantes na final e dará o seu veredicto, nomeando, 1º, 2º e 3º finalista de cada unha das modalidades do concurso.

Entrega de premios: realizarase o día 16 de Decembro ao remate da cata das tapas por parte do xurado de espertos.

5. GUÍA DOS ESTABLECEMENTOS
A Concellería de Turismo, Igualdade, Xuventude e Comercio do Concello de Sarria, en colaboración coa Asociación Cultural Gastronómica O Porco Cebado, editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes. Esta guía formará parte do material de difusión da cidade e estará presente en todos os actos de promoción da mesma.



6. INSCRICIÓNS:
CONCELLO DE SARRIA
Teléfono: 982535000
Fax: 982530916
E-mail: turismo@concellodesarria.net