CAPITULO I
DA ASOCIACION EN XERAL
Artigo 1.- 1.- Constituese unha asociacion sen animo de lucro das previstas na Lei organica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacion. A asociacion ten a seguinte denominacion “ASOCIACION CULTURAL GASTRONOMICA O PORCO CEBADO"
2.- A asociacion rexerase polos ditos estatutos, pola Lei organica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislacion existente en materia de asociacions que lle sexa aplicable.
Artigo 2.- O domicilio principal e permanente da asociacion radicara na localidade de SARRIA rua de CALVO SOTELO, n 7 BAIXO. C.P. 27600
Artigo 3.- A asociacion, en funcions dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercera fundamentalmente as suas actividades no ambito territorial da Comarca de Sarria.
Artigo 4.- 1.-A asociacion constituese por tempo indefinido e so se disolvera, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislacion vixente.
2.- A asociacion rexerase segundo os principios democraticos contidos no marco da Constitucion e o resto do ordenamento xuridico.
Artigo 5.- 1.- Son fins principais da asociacion:
a. Organizar actividades gastronomicas.
b. Participacion en concursos gastronomicos.
c. Elaborar rutas e guias gastronomicas.
d. Facer intercambios con outras Asociacions Culturais.
e. Promover mediante cursos, festivais, seminarios, etc., a gastronomia autoctona.
f. E, en xeral, calquer actividade relacionada coa gastronomia.
2.- Para levar a cabo os seus fins, podera a asociacion organiza-las seguintes actividades:
a. Unha matanza tradicional do porco didactica, o Dia do Chuleton, o Dia do Butelo, o Dia da Cata do Vinho Novo, o Dia do Cocido, etc.
b. Crear a gala de premios anual “Marisco de Cortello” a persoas que destacaran polo seu compromiso coa gastronomia.
Os beneficios que se obtenhan por calquera concepto destinaranse exclusivamente o cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas fisicas ou xuridicas con interese lucrativo.
CAPITULO II
DOS ASOCIADOS
Artigo 6.- 1- Poderan ser integrantes da asociacion todas aquelas persoas fisicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xuridicas, tralo acordo do seu organo competente, que non tenhan debedas pendentes coa asociacion e que reunan os seguintes requisitos:
a. Estar avalado por dous Socios e un membro da Xunta Directiva.
b. Aceptacion expresa dos compromisos que vai adquirir, previa informacion dos socios avalantes da solicitude.
2.- Poderan ser integrantes da asociacion na sua seccion xuvenil, os menores non emancipados de mais de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la sua capacidade.
3.- Os acordos de admision de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a peticion por escrito da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 7.- Dentro da asociacion poderan existi-las seguintes clases de asociados:
a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade a subscricion da acta fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuizo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable o desenvolvemento dos fins da asociacion.
d) Xuvenis, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociacion, que estaran integradas na seccion xuvenil, no seu caso.
Artigo 8.- 1.- A condicion de asociado perdese:
a. Por vontade propia.
b. Por falta de pagamento de 4 cotas.
c. Por incumprimento das suas obrigas ou a realizacion de accions que prexudiquen gravemente os intereses da asociacion, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
d. Por falecemento da persoa fisica ou extincion da persoa xuridica.
2.- A expulsion de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do paragrafo anterior, sera acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsion debera ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a sua resolucion poderase recorrer ante a xurisdicion ordinaria.
Artigo 9.- Os asociados e asociadas tenhen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociacion e nos organos de goberno e representacion, exerce-lo dereito de voto, asi como asistir a Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composicion dos organos de goberno e representacion da asociacion, do seu estado de contas e do desenvolvemento da sua actividade.
3. Ser oido con caracter previo a adopcion de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar as ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, imponha a sancion.
4. Impugna-los acordos dos organos da asociacion que estime contrarios a lei ou os estatutos.
Os asociados e asociadas honorarios e xuvenis non interviran na direccion da asociacion nin nos organos de representacion desta. Os asociados honorarios estan facultados para asistir as asembleas xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 10.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Comparti-las finalidades da asociacion e colaborar para a sua consecucion.
2. Paga-las cotas que se establezan.
3. Desempenha-los cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos organos de goberno e representacion da asociacion.
5. Acata-lo contido dos estatutos.
6. Ter unha boa conducta individual e civica.
CAPITULO III
DOS ORGANOS DA ASOCIACION
Artigo 11.- A direccion e administracion da asociacion seran exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 12.
1.- O presidente da asociacion sera designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durara 1 ano. Sera asistido nas suas funcions por un vicepresidente, que o substituira nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2.- O presidente tera as seguintes atribucions:
a) Representa-la asociacion perante calquera organismo publico ou privado.
b) Convocar e presidi-las sesions que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesions da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacions dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
c) Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
d) Ordena-los pagamentos acordados validamente.
e) Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociacion xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboracion do documento de que se trate.
Artigo 13.
1.- A Xunta Directiva estara formada polo presidente da asociacion, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e 2 vocais.
2.- Os cargos que componhen a Xunta Directiva seran desempenhados de forma gratuita, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacions relacionadas coa asociacion.
As persoas elixidas para estes cargos deberan carecer de interese economico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociacion.
3.- A Asemblea Xeral sera a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A sua duracion sera por un periodo de 1 ano, ainda que poden ser obxecto de reeleccion indefinidamente.
4.- Os cargos cesaran na sua funcion por:
a) facelemento da persoa fisica ou extincion da persoa xuridica.
b) renuncia voluntaria.
c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asamblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar o cesamento automatico, senon que se debera facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentacion e posta o dia do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, seran cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a eleccion definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como minimo por 3 persoas, que exerceran as funcions de presidente, secretario e tesoureiro.
Artigo 14.- A Xunta Directiva tera as seguintes atribucions:
1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2. Leva-la xestion administrativa e economica da asociacion.
3. Someter a aprobacion da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, asi como o estado de contas do ano anterior.
4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5. Proponherlle a Asemblea Xeral a fixacion de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6. Designa-las comisions de traballo ou seccions que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociacion.
7. Ditar normas interiores de organizacion e exercer cantas funcions non estean expresamente asignadas a Asemblea Xeral.
8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9. Proponhe-lo plan de actividades da asociacion a Asemblea Xeral para a sua aprobacion, impulsando e dirixindo as suas tarefas.
10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instruan.
11. Aquelas que non venhan atribuidas expresamente a outro organo da asociacion.
Artigo 15.
1.- A Xunta Directiva sera convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a peticion de calquera dos seus componhentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan validos, deberan ser adoptados pola maioria de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade mais un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitua.
O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitua, levantara acta das sesions, que se transcribira o libro de actas.
Artigo 16.- Os membros da Xunta Directiva presidiran as comisions que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparacion de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacions necesarias. Formaran parte das ditas comisions o numero de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Artigo 17.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas e o organo de expresion da vontade da asociacion e estara formada por todolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea seran o presidente e o secretario da Xunta Directiva.
Artigo 18.- A Asemblea Xeral reunirase con caracter ordinario como minimo unha vez o ano, e con caracter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste ultimo caso realizarase por medio de escrito dirixido o presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se exponha o motivo da convocatoria e a orde do dia.
Artigo 19.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no periodo que vai desde o mes de maio ata o de setembro. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria seran convocadas con 15 dias de antelacion polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificacion farase nos locais da asociacion para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.
Artigo 20.- Seran competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
1. Aproba-lo plan de actividades.
2. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
3. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
4. Exame e aprobacion das cotas.
Artigo 21.- Seran competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
1. Modifica-los estatutos da asociacion.
2. Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
3. Aproba-la federacion con outras asociacions.
4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5. Acorda-la disolucion da asociacion.
6. Designa-los/as liquidadores/as.
7. Ratifica-la expulsion de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8. Solicita-la declaracion de utilidade publica da asociacion.
9. Aproba-lo regulamento de rexime interno da asociacion.
10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razons de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la sua convocatoria, sen grave prexuizo para a asociacion.
11. Todalas non conferidas expresamente a Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 22. A Asemblea Xeral quedara validamente constituida sempre que concorran a metade mais un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera numero de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitua.
Artigo 23.- Os acordos adoptados deberan selo polo voto afirmativo da maioria simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados do 1 o 7 do artigo 21, que requiriran maioria de dous terzos. A continuacion levaranse os acordos o libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta debera ser lida na seguinte sesion celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioria dos membros presentes.
Artigo 24.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigaran a todolos/as asociados/as, incluso os/as non asistentes.
As sesions abriranse cando asi o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario a lectura da acta da asemblea anterior que debera ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procedera a presenta-la orde do dia. Cada punto sera informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedendose o debate e a aprobacion dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
Artigo 25.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociacion poderan ser recorridos en reposicion diante da Asemblea Xeral. A partir da resolucion do recurso de reposicion, quedara expedita a via para recorrer perante a xurisdicion ordinaria.
Artigo 26.- 1. O secretario recibira e tramitara as solicitudes de ingreso, levara o ficheiro e o libro rexistro de asociados e tera o seu cargo a direccion dos traballos administrativos da entidade. Correspondelle, asi mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacions destas co visto e prace do presidente. O secretario tamen levara o inventario dos bens da asociacion nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designara entre os vocais a un que desenvolva esta funcion.
Artigo 27.- 1. O tesoureiro recadara e custodiara os fondos pertencentes a asociacion, dara cumprimento as ordes de pagamento que expida o presidente, levara a contabilidade da asociacion, tomara razon e levara conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborara o borrador de orzamentos da asociacion asi como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder o peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposicion dos membros da asociacion nos quince dias anteriores a celebracion da asemblea ordinaria.
Artigo 28.- Os vocais teran as seguintes atribucions:
1. Realizar programas e propostas na sua area de actuacion.
2. Desempenha-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPITULO IV
REXIME ECONOMICO
Artigo 29.- A asociacion no momento de inicia-las suas actividades dispon dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio economico coincidira co do ano natural.
Artigo 30.- A asociacion funcionara en rexime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto sera elaborado polo tesoureiro da asociacion, que debera telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 31.- A asociacion manterase dos seguintes recursos:
1. As cotas periodicas dos/as asociados/as.
2. As cotas extraordinarias que proponha a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
3. As doazons ou subvencions que poidan conceder organos publicos, entidades privadas ou particulares.
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociacion.
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 32.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobara tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non seran reintegrables en ningun caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociacion.
Artigo 33.- Anualmente, con referencia o ultimo dia do exercicio economico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizaran nunha memoria, que sera posta a disposicion dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 dias o sinalado para a celebracion da Asemblea Xeral Ordinaria, que debera aprobalas ou censuralas.
Artigo 34.- Para a disposicion de fondos das contas que a asociacion ten nas entidades bancarias sera necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 35.- Como entidade sen animo de lucro, en ningun caso poderan ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociacion.
CAPITULO V
DO REGULAMENTO DE REXIME INTERNO
Artigo 36.- O regulamento de rexime interno, no seu caso, desenvolvera aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de eleccion dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningun caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociacion estara sometido o ordenamento xurisdicional civil.
CAPITULO VI
MODIFICACION DE ESTATUTOS E DISOLUCION DA ASOCIACION
Artigo 37.- Os ditos estatutos so poderan ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria debera ir acompanhada do texto das modificacions propostas.
Artigo 38.- A asociacion disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 39.- Acordada a disolucion, a Asemblea Xeral Extraordinaria designara tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederan para efectua-la liquidacion dos bens, pagando debedas, cobrando creditos e fixando o haber liquido resultante.
Artigo 40.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidacion, doarase a outra asociacion non lucrativa e inscrita na comunidade autonoma que tenha iguais ou similares fins que os desta asociacion.
O xustificante da doazon sera presentado no Rexistro de Asociacions correspondente para proceder a inscricion da disolucion da asociacion.