II Festa da Empanada de Sarria
EMPANAJAM ´09
O vindeiro sábado 8 de agosto a partires das 13:00 no parque de O'Chanto de Sarria.
A partires das 13:00 pondranse á venda racións de todo tipo de empanadas a precios populares, e vinho GRATIS (mercando a cunca conmemorativa).
No apartado musical contaremos coa presenza dos máis destacados compoñentes dalgunhos grupos folk da comarca. Pero a idea é incentiva-la participación de todo o público, ofrecendo unha ración gratis de empanada a todo o que traia un instrumento (gaita, pandeireta, trompeta, violín, o que sexa...) e o toque na festa, mesturándose cós músicos profesionais nunha especie de "jam session" ó galego .