BASES
1. REQUISITOS PARA PARTICIPAR EN EL TAPICHEO '09
1.
1. Poderán participar tódolos establecementos de hostalería de Sarria.
2. Os establecementos participantes deberán informar dos días de descanso nos cuales terán cerrado, para poñelo nas tarxetas de votación.
3. Para poder formalizar a inscripción será obligatorio o ingreso dunha fianza de 30 € na ventaniña de Recaudación do Concello de Sarria. Esta fianza devolverase mediante transferencia bancaria o día 11 de Decembro. No caso de incumprimento dos requisitos de participación non se reintegrará a fianza.
4. A inscripción farase a través do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Sarria mediante a ficha oficial de inscripción e adxuntando o xustificante de pago da fianza.
5. So se aceptarán as fichas de inscripción rexistradas do día 9 ao 16 de Novembro de 2009, en horario de oficina ou a través da oficina virtual da páxina web do Concello de Sarria: www.sarria.es.
6. as tapas serviranse en horario de 20:00 a 23:00
- MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
Existen dous tipos de modalidades: Tapa Innovadora e Tapa Tradicional. Cada establecemento poderá elaborar un máximo de dúas tapas. Permitirase a elaboración de un tipo de tapa por cada unha das modalidades do concurso se o desexa o establecemento, podendo así concursar nas dúas categorías ou ben nunha sola.
PREMIOS
Establécense os seguintes premios:
1º PREMIO DE TAPA INNOVADORA
2º PREMIO DE TAPA INNOVADORA
3º PREMIO DE TAPA INNOVADORA
1º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL
2º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL
3º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL
MODO DE VOTACIÓN
Cada establecemento colocará unha furna, que lle facilitará a organización, nun lugar visible do seu local, podendo así o público votar polo establecemento cuxa tapas máis lle guste.
Os consumidores das tapas poderán atopar en cada establecemento participante un plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá unha casilla por cada establecemento participante. Para poder votar, os consumidores deberán ter o plano totalmente cumprimentado, cos selos correspondentes a todos os establecementos participantes no concurso. O plano da ruta do tapicheo debidamente selado, depositarase nunha das furnas de calquera dos establecementos participantes cos datos do cliente e co seu voto de maneira clara.
FASES DO CONCURSO
Data e lugar de inscrición: do 11 ó 24 de Novembro no Concello de Sarria, na súa páxina web: www.sarria.es, por teléfono chamando aos números 982 53 50 00, 662 318 391, ou ben na páxina web da Asociación www.oporcocebado.com
O prazo finaliza o día 24 de Novembro ás 14.00h.
Duración do Concurso: O concurso desarrollarase do seguinte xeito: Quedará inaugurado o día 3 de Decembro ás 20:00 h. e durará ata o día 8 de Decembro, incluído.
Entregaráselle a cada establecemento un cartel co cal quedará claramente identificado como participante do Tapicheo ´09, unha furna e mapas do tapeo para que os clientes poidan emitir o seu voto, terá que estar todo isto colocado nun lugar visible. O prezo de cada tapa estará comprendido entre 0,20€ e 2€.
Recollida de furnas e reconto de votos: a data límite para a recollida das furnas serán as 12.00h. do día 10 de Decembro. Do reconto dos votos emitidos polos consumidores sairán os gañadores do concurso, tres por cada modalidade.
GUÍA DOS ESTABLECEMENTOS
A Concellería de Turismo, Igualdade, Xuventude e Comercio do Concello de Sarria, en colaboración coa Asociación Cultural Gastronómica “O Porco Cebado” de Sarria, editarán unha guía na que figurarán os establecementos participantes. Esta guía formará parte do material de difusión da vila e estará presente en todos os actos de promoción da mesma.
INSCRICIÓNS:
A inscrición poderase realizar directamente na Casa do Concello de Sarria, ou a través de calquera
dos seguintes medios:
Teléfono: 982 535 000
Fax: 982 530 916
E-mail: turismo@concellodesarria.net, poderanse atopar as fichas de inscrición nas webs www.sarria.es ou www.oporcocebado.com