O Porco Cebado

Asociación Cultural Gastronómica

Inicio
Contacte Connosco
Sobre Nos
Mapa do Sitio
Reuniós da Asociación
Noticias
Estatutos
Gastronomia gallega
Fotos de Sarria
I Curso de Cata de Vino
II Curso de Cata de Vino
III Curso de Cata de Vino
I Festa EMPANAJAM'08
II Festa EMPANAJAM'09
I Concurso TAPICHEO'07
II Concurso TAPICHEO'08
III Concurso TAPICHEO'09
TAPICHEO ´08




BAR DIRECCIÓN TAPA TRADICIONAL TAPA INNOVADORA
Adaxa Calvo Sotelo, 133 Cocido 1€  
Andión José Antonio, 50 Cogollos de rúcula á vinagreta con queixo do Cebreiro 1,50€ Codornices ó chocolate 2€
Anduriñas Rúa Maior, 29 Raxo especial Anduriñas 1,50€ Nevado de ouro 2€
Cactus Rias Baixas Costrela estofada con patatas fritidas 0,70€ Garbanzos con gambas 1€
Caf. Santiago Paseo do Malecón, 15 Pulpo guisado 1,50€ Coellos do monte con setas silvestres 2€
Camping Crta. de Pintín, km 1 Cervo con puré de castañas e arume á mel 1,70€ Feixe de polo en salsa arxentina 1,20€
Central Calvo Sotelo, 112    
Cristal Calvo Sotelo, 155 Tenreira con castañas 1,80€ Congrio con setas 1,80€
D' Ponte Calvo Sotelo, 74 Cocido galego 1€ Xabalí con puré de castañas 1,20€
Dezasete Praza da Vila S/N Bocapizza Dezasete 0,60€  




Flavia Calvo Sotelo, 61 - 63 Costrela á plancha con salsa Flavia 0,50€ Tartaleta de fideuá a la crema de queso 1€
nh Alfonso IX Rúa do Peregrino, 29 Chipirones recheos con arroz 0,50€ Rabo de tenreira relleno con verduras braseadas 1€
Il Fiorino Calvo Sotelo, 198 Delicias de queso 1€ Nido de rape gratinado 1€
La Caña Paseo do Malecón, 10    
Next Pool  Paseo do Malecón, 14 Salteado Next 1€ Pastel Marinero 1€
París Diego Pazos, 42 Asado negro 1€ Ceviche 1,50€
Rialto Calvo Sotelo, 7 Callos 1€ Codorniz en salsa de setas 1,50€
Roberto Paseo do Malecón, 16    
Scream Paseo do Malecón, 12 Patacas con bacalao á galega 1€ Muslitos de polo ó Scream 1€
Taberna de Mou Diego Pazos,   Nido de bacalao 1,50€ Paté de boi de mar con gambas 2€
Tapas Praza da Constitución Lacón ó caldeiro é grelos 1€ Rissoto de xamón serrano con setas e salsa afrutada 1€
Teivilide Calvo Sotelo, 151 Riñones 1€ Tosta de Cabracho 1€
Vilas Calvo Sotelo Miras con bacalao 0,80€ Rollitos de col rellenos 1€


Instruccións para votar

Con este folleto o que pretendemos dende a organización é explicarche como vai ser o modo de votación do TAPICHEO ´08. Por iso che pedimos que leas atentamente este folleto explicativo.

Colle nalgún dos establecementos participantes a túa tarxeta de votación. Nela hai un recadro de cada un dos locais participantes e, cando degustes as tapas do concurso, pídelles aos camareiros que che poñan o selo do seu local.

O teu voto só será válido cando teñas quince dos vinte e catro recadros cubertos cos seus correspondentes selos, do seguinte xeito:

Hai cinco rotas diferenciadas coas súas correspondentes cores, para poder votar terás que cubrir como mínimo tres establecementos de cada cor.

Para votar, hai un apartado específico no tríptico “votación”. Tes que cumprimentar os teus datos persoais e escribir o nome das tapas que máis che gustaron en cada unha das dúas categorías coa puntuación especificada no tríptico “votación”.



Unha vez que teñas a túa tarxeta de votación cuberta co mínimo de selos necesarios, os datos persoais e a puntuación de cada tapa, poderás depositalo en calquera das furnas que atoparás nos establecementos participantes.

É importante que solicites os selos, xa que non se admitirán tarxetas de votación que non estean debidamente cumprimentadas.

Se tes calquera dúbida en canto á cumprimentación ou ás normas do Tapicheo, pódeste dirixir aos camareiros dos establecementos participantes e eles te informarán.

A organización do Tapicheo ´08 quere premiar dalgún xeito, a aqueles participantes que teñan recorrido o total dos establecementos participantes no concurso, por iso, sortearemos unha gran cesta gastronómica entre todos aqueles participantes que depositaran as súas tarxetas de votación con tódolos selos dos establecementos participantes, o sorteo celebrarase o día 14 de decembro ás 17:00h. no salón de plenos da  Casa do Concello.

A Asociación O Porco Cebado e a Concellería de Turismo do Concello de Sarria, e os establecementos participantes, queremos agradecerche a túa participación no Tapicheo ´08. Bo proveito...






---------------------------------------------------------------------------------------------------------


BASES

 

PARTICIPANTES

Poderán participar tódolos establecementos de hostalaría de Sarria.



MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN


Cada establecemento poderá elaborar un máximo de dúas tapas, podendo ser estas tradicionais e/ou innovadoras. Permitirase a elaboración de un tipo de tapa por cada unha das modalidades do concurso (unha tradicional e/ou unha innovadora) se o desexa o establecemento, podendo así concursar nas dúas categorías ou ben nunha sola.



PREMIOS


Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO DE TAPA INNOVADORA

2º PREMIO DE TAPA INNOVADORA

3º PREMIO DE TAPA INNOVADORA
 

1º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL

2º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL

3º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL



MODO DE VOTACIÓN


Cada establecemento colocará unha furna, que lle facilitará a organización, nun lugar visible do seu local, podendo así o público votar polo establecemento cuxa tapas máis lle guste.

Os consumidores das tapas poderán atopar en cada establecemento participante un plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá unha casilla por cada establecemento participante. Para poder votar, os consumidores deberán ter o plano totalmente cumprimentado, cos selos correspondentes a todos os  establecementos participantes no concurso. O plano da ruta do tapicheo debidamente selado, depositarase nunha das furnas de calquera dos establecementos participantes cos datos do cliente e co seu voto de maneira clara.



FASES DO CONCURSO


Data e lugar de inscrición: do 11 ó 24 de Novembro no Concello de Sarria, na súa páxina web: www.sarria.es, por teléfono chamando aos números 982 53 50 00, 662 318 391, ou ben na páxina web da Asociación www.oporcocebado.com

O prazo finaliza o día 24 de Novembro ás 14.00h.



DURACION DO CONCURSO

 
O concurso desarrollarase do seguinte xeito: Quedará inaugurado o día 29 de Novembro ás 19.00 h, podendo empezar esa fin de semana a desfrutar das tapas e ir selando o plano. O concurso estará parado durante a semana e o venres día 5 e volverá estar aberto ata o luns día 8 de Decembro das 20.00h. ás 23.00h.




Entregaráselle a cada establecemento un cartel co cal quedará claramente identificado como participante do Tapicheo ´08, unha furna e mapas do tapeo para que os clientes poidan emitir o seu voto, terá que estar todo isto colocado nun lugar visible. O prezo de cada tapa estará comprendido entre 0,20€ e 2€.
 

Recollida de furnas e reconto de votos: a data límite para a recollida das furnas serán as 12.00h. do día 10 de Decembro. Do reconto dos votos emitidos polos consumidores sairán os gañadores do concurso, tres por cada modalidade.



GUÍA DOS ESTABLECEMENTOS


A Concellería de Turismo, Igualdade, Xuventude e Comercio do Concello de Sarria, en colaboración coa Asociación Cultural Gastronómica “O Porco Cebado” de Sarria,  editarán unha guía na que figurarán os establecementos participantes. Esta guía formará parte do material de difusión da vila e estará presente en todos os actos de promoción da mesma.



INSCRICIÓNS


A inscrición poderase realizar directamente na Casa do Concello de Sarria, ou a través de calquera dos seguintes medios:

Teléfono: 982 535 000

Fax: 982 530 916

E-mail: turismo@concellodesarria.net, poderanse atopar as fichas de inscrición nas webs www.sarria.es ou www.oporcocebado.com





O Porco Cebado, quiere agradecer a la Diputación de Lugo y al Concello de Sarria el apoyo recibido y las facilidades que nos hemos encontrado a la hora de organizar el Tapicheo 2008 en especial a la Concellería de Turismo.